O alcalde de Vilaboa cos técnicos las labores de replanteo do Centro Social do Picho.

Os traballos comezarán nos vindeiros días e contan cun prazo de execución de 9 meses

O Concello de Vilaboa adxudicou á empresa Construcciones Castro Figueiro SLU a obra de rehabilitación do futuro centro social e de maiores de O Picho por un importe de 537.341 euros, que terá un prazo de 9 meses para rematar os traballos.

A obra financiarase ao 80% a través do programa PON2030 da Deputación Provincial e a cantidade restante con fondos propios do Concello de Vilaboa. Trátase dun edificio de dúas plantas situado nunha parcela de titularidade municipal cunha superficie de 863 metros cadrados no que se encontra tamén outra edificación auxiliar; todo elo en mal estado de conservación debido ao desuso e que agora será recuperado polo goberno de César Poza para converter ese entorno nun centro social e acondicionado para o día a día dos maiores de Vilaboa. A estrutura do edificio, que foi a antiga escola unitaria de O Picho e que no pasado acolleu tamén as oficinas da escola-obradoiro de emprego, será obxecto dunha reforma integral.

Este proxecto de rehabilitación transformará a edificación existente acondicionandoa para ser utilizada por persoas maiores, acometendo os cambios interiores necesarios para garantir a accesibilidade universal e a eliminación de barreiras arquitectónicas. A actuación contempla tamén o acondicionamento de espazos exteriores como xardíns e zona de esparcemento ao aire libre.

Os traballos comezarán nos vindeiros días e estarán rematados neste ano 2024, segundo asegura César Poza, quen se comprometou coa veciñanza a converter o edificio do Picho “unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza xa que un dos seus usos principais será atender a alta demanda de atención no día a día das persoas maiores, unha alternativa que facilitará a conciliación das familias da localidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *