Madamas e galáns comezarán o 28 a difusión do programa en Santa Marta, seguida de Figueirido e Postemirón e rematarán pola tarde en As Salinas
A asociación cultural promotora do Entroido de Cobres ten este mes de xaneiro unha apretada axenda de promoción que os levará a lucir as vestimentas típicas desta parroquia vilaboesa no marco da Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se está a celebrar en Madrid, onde permanecerán ata o sábado.
Dúas persoas do Entroido desprazaronse ata o pavillón do IFEMA para desenvolver diversas accións de divulgación dun entroido singular e ancestral que está inmerso, da man do Concello de Vilaboa, na súa catalogación como Fiesta de Interés Turístico Nacional e que hai so uns días foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) pola Consellería de Cultura.
En Fitur, o Entroido de Cobres ademáis de promocionar a vistosa e extensa programación prevista do 10 ao 13 de febreiro dará a coñecer a nova imaxe corporativa da festa e a web específica creada para dar difusión tamén á súa orixe e historia nun acto que terá lugar mañán venres.
E unha vez de volta na casa o Entroido de Cobres percorrerá as parroquias nun dos actos máis populares do programa prefestivo. O domingo madamas e galáns vivirán unha maratoniana xornada que arrancará na capela de Santa Marta ás 11 da mañán e seguirá na casa de cultura de Figueirido e en Postemirón, a onde chegarán ás 13 horas. As Salinas, ás 16.30 horas, é o lugar escollido para a presentación pola tarde.
Haberá música, diversión, color e a paixón compartida pola Asociación Cultural Cobres capaz de manter viva unha tradición que identifica a Vilaboa e sobre todo á poboación destas dúas parroquias e que mantén enganchada durante todo o ano a cerca dun centenar de persoas adicadas a diferentes tarefas que fan posible presentar un programa de actos que arrancou a principios de xaneiro e que non rematará ata decembro do presente ano.