A actuación inclúe a renovación e mantemento dos tres equipos instalados nos campos de fútbol
O Concello de Vilaboa adquire un novo desfibrilador, modelo CU-SP1, para incrementar o equipamento de seguridade no coche oficial da Policía Local complementado cun kit resucitador para intervir no caso dunha parada cardiorespiratoria.
Trátase dun aparato semiautomático con electrodos para actuación en pacientes adultos e pediátricos, ata 8 anos, que favorecerá que o axente da Policía Local de Vilaboa, Javier Seoane, conte cos recursos necesarios para asistir de inmediato en caso de darse unha situación de emerxencia. Seoane dispón da formación necesaria para a utilización destes equipos.
A maiores, o Concello equipou os tres desfibriladores instalados nos campos de fútbol con baterías novas e electrodos pediátricos e para uso de adultos nunha tarefa de mantemento que favorecerá unha atención eficiente ante calquer incidencia que se rexistre nestas instalacións deportivas.