O pleno da corporación de Vilaboa no salón consistorial.

A sesión de onte aprobou a constitución da xunta de goberno e as competencias delegadas a cada concelleiro do equipo de César Poza

A nova Corporación Municipal de Vilaboa celebrou onte a súa primeira sesión na que se aprobaron cuestións organizativas que facilitarán o traballo interno durante os vindeiros catro anos como por exemplo a periodicidade das sesións plenarias, que terán carácter bimensual e convocaranse os luns dos meses impares ás 20.30 horas.

A sesión plenaria acordou tamén manter as mesmas retribucións do mandato anterior, no que a Alcaldía conta cunha partida anual de 47.633 euros e as indemnizacións por asistencia a pleno son de 60 euros e de 48 por asistencia a comisión de goberno e ás comisións informativas.

Tamén se mantén a asignación de 100 euros mensuais a cada grupo municipal e un complemento mensual de 10 euros por concelleiro.

A xunta de goberno, que estará presidida polo alcalde, quedou constituida ademáis por María Canosa Otero; Carmen Gallego Calvar; María del Carmen González Pérez e Francisco Costa Fernández, todos eles tenentes de alcalde. En canto ás delegacións de competencias as de Medio Ambiente recaerán nos vindeiros catro anos en Francisco Costa Fernández; Deportes e Turismo en Luis Amoedo Otero; Sanidade e Sectores Produtivos en Ángel González Piñeiro; Obras, Infraestruturas e Educación en María del Carmen González; Servizos Sociais, Servizos e Cemiterios en María Canosa e Facenda, Persoal, Igualdade e Promoción Económica en Carmen Gallego Calvar. O alcalde, César Poza, resérvase Cultura e Urbanismo, así como calquera outra competencia municipal non delegada expresamente.

O pleno acordou tamén a constitución de dúas únicas comisións informativas: a de Contas e Facenda e a Comisión de Administración Xeral, que se reunirán os luns anteriores aos plenos e que estarán integradas por 6 membros, incluído o alcalde (3 concelleiros do PSOE, 2 do PP e 1 do BNG).

Na sesión de onte nomearonse os representantes da Corporación Municipal en diferentes órganos colexiados. Así na Mancomunidade Terras de Pontevedra Vilaboa estará representada por César Poza, ao igual que no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; mentras que Carmen Gallego o fará na Asociación de Desenvolvemento Rural “Comarca de Pontevedra” e no Grupo de Acción Costeira e aos Consellos Escolares asistirá María del Carmen González Pérez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *