Estado no que se atopa o parque.

A memoria valorada sitúa en 35.679 euros o investimento necesario para renovar os elementos de xogo e eliminar as barreiras arquitectónicas

A apertura dunha nova liña de subvencións de proxectos por parte do GDR Morrazo abre unha vía ao Concello de Cangas para darlle solución ao parque infantil de Herbello, en Aldán; unha zona de ocio actualmente en desuso debido ao elevado deterioro dos elementos de xogo. A memoria valorada presentada polo Concello cifra en 35.670 euros o investimento necesario para modificar o parque, eliminando todos os columpios, a meirande parte deles oxidados, así como os bordillos.

Plano do proxecto enviado ao GDR.

Ao igual que en outros espazos públicos o Concello busca tamén nos parque a accesibilidade universal, polo que é necesaria a eliminación das escaleiras e o acondicionamento da rampa de acceso. A actuación inclúe tamén a modificación do chan, cubríndoo con céspede artificial que reduza o traballo de mantemento. Trátase dun parque que ocupa unha superficie de 692 metros cadrados no que o Concello ten intención de instalar novos elementos de xogo.

O Concello de Cangas conta cun total de 23 parques infantís en todo o termo municipal, creados no seu día para atender unha poboación diseminada en cinco parroquias. A meirande parte deles necesitan obras de mantemento que o Concello valorou en máis de 138.000 euros. Para poder atender estas carencias habilitou unha partida económica na proposta de orzamento para 2023, que non saiu adiante debido ao voto en contra do PP e do PSOE; ao igual que a modificación de crédito que liberaba fondos para atender os parques públicos. “A estratexia política destes dous partidos é impedir que en Cangas se fagan obras; ningunha das dúas formacións valoran as consecuencias que esas ansias de desgaste ao grupo de goberno poden ter na poboación, e neste caso na máis vulnerable, as nenos e nenas de Cangas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *