O proxecto resolve as humidades, mellora o graderío e inclúe unha nova zona cuberta antes da entrada principal
O Concello de Cangas aprobou en xunta de goberno a presentación ao Plan Concellos 2023 da mellora da cuberta e graderío do Estadio Municipal de Atletismo, solicitando da Deputación unha subvención de 234.999 euros para acometer a reforma integral das instalacións con cargo á Liña 1, destinada precisamente a investimentos.
A reforma permite a renovación da cuberta, a eliminación das humidades e das filtracións de auga, a mellora da seguridade, a sustitución das luminarias actuais a led e inclúe unha nova zona cuberta antes da entrada principal.
Tanto a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, como o concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, mantiveron unha xuntanza cos representantes do Club Atletismo Morrazo e do club Vila de Cangas para presentarlle o proxecto e consensuar con eles a actuación prevista nunhas instalacións con moitas eivas.
Os asistentes á reunión presentaron algunhas suxerencias a incluir no proxecto, amosándose o goberno local disposto a estudar a súa inclusión na execución no momento en que a Deputación notifique a aprobación da obra. “Consideramos de vital importancia para o futuro do atletismo en Cangas realizar estes traballos para os que xa temos redactado o proxecto. Estamos satisfeitos do tono no que se desenvolveu a reunión cos clubs usuarios desas instalacións e do grado de satisfacción da obra a realizar. Estamos dacordo no esencial e dispostos a incorporar as suxestións que aportaron”, apunta Victoria Portas.
Segundo se recolle na memoria do proxecto a cuberta do graderío encóntrase afectada pola humidade, al igual que o edificio de servizos que se desenvolve baixo a mesma.
A actuación prevista polo goberno local centrarase sobre a cuberta do graderío, que está afectada pola corrosión, tendo algúns elementos en mal estado, como as baixantes e o canalón. Tamén se actuará sobre as barandillas do graderío, afectadas pola corrosión sobre todo nos anclaxes, así como na zona curva que presenta varios puntos donde a impermeabilización non está ben colocada, penetrando a humidade por esos puntos ata os vestiarios e os baños.A obra resolverá tamén os problemas das xuntas de dilatación, cuio deterioro inflúe tamén no deterioro de paramentos e falsos teitos na zona inferior de servizos.
Os traballos por tanto que se acometerán nas pistas de atletismo comezarán coa sustitución dos elementos precisos na cuberta, canalón e baixantes da cuberta así como na revisión das barandillas metálicas do graderío de xeito que se garantice a seguridade e solidez das mesmas. Revisarase a impermeabilización da cuberta e colocarase pavimento que cumpla as condicións de resbaladicidade axeitado para o seu uso en exteriores baixo a cuberta do graderío e sustituiranse os falsos teitos deteriorados.
Tamén se incorporará unha nova zona cuberta antes do acceso principal á zona de vestiarios e instalacións, resolta mediante losa de formigón sobre soportes de formigón armado e baixo a que se coloca unha solera. Sustituiranse as luminarias nas zonas de novo falso teito por paneis de led cadrados e downlights led.
Finalmente, engadir que con este acordo da xunta de goberno local a pesar dos atrancos que se lle puxeron, saca adiante a mellora dunha instalación deportiva esencial para o deporte cangués.