A través dun escrito rexistrado no día de onte, o Concello de Cangas reclamou novamente á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a limpeza dos viais da súa titularidade dentro deste municipio ante as «queixas dos cidadáns».
A edil de Servizos, Aurora Prieto, asegura que estes viais están cheos de maleza e requiren dunha atención urxente por parte de ambas as administracións, debido a que «non limparon nada».
Algunhas destas estradas son arterias importantes de Cangas como a PO-551 que atravesa o corazón do municipio desde a coñecida como «Rotonda do Gordo» e o seu estado, en pleno centro e propiedade da Xunta, deixa moito que desexar. Pero tamén nas parroquias ocorre o mesmo con viais da Deputación en Nerga, Donón ou Vilanova.