Ambulancia a las puertas del centro de salud de Cangas.

A ambulancia medicalizada trasladou esta tarde ao hospital Álvaro Cunqueiro a unha nena duns tres anos en estado moi grave e inconsciente tras caer á piscina da súa casa. O persoal médico trasladouse en taxi desde o centro de saúde á vivenda situada na Pedreira, 3, na zona de Santo Domingo, onde a menor estaba a buscar unha pelota cando caeu á auga, onde permaneceu ao redor de cinco minutos. Nese momento as ambulancias de Cangas e Moaña estaban ocupadas e tivo que vir a de Bueu, polo que para chegar antes os sanitarios optaron por coller un taxi de Moaña que agardaba no consultorio para ir a un domicilio.

Unha médica de urxencias do hospital que estaba pola zona da vivenda atopou a situación e iniciu a reanimación da menor ata a chegada dos servizos de emerxencias, que trataron de reanimala durante bastante tempo e conseguiron detectarlle o pulso pero no momento do traslado continuaba inconsciente e en estado grave.

Ata o lugar tamén se trasladou o helicóptero que finalmente non tivo que intervir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *