A Xunta de Goberno Local desta semana aprobou a listaxe inicial da concesión de axudas para o comedor escolar do próximo curso 2022-2023 nos centros de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria do CEIP Cangas, O Hío, CEIP Espiñeira e CEIP A Rúa.
Durante o período de solicitudes 35 familias demandaron inscribir a 44 menores, das cales 23 foron aceptadas para un total de 30 nenos. 16 deles estarán bonificados na súa totalidade, 2 ao 85 por cento, outros dous ao 60 por cento e 3 ao 50 por cento.
Pola súa banda, foron denegadas 12 solicitudes para 14 menores por superar os ingresos da unidade familiar ou o límite máximo establecido nas bases da convocatoria.