A Xunta directiva da Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa diante da Capela do Hospital. FOTO: ILLADOSRATOS.ORG

Un ano máis a Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa vai inaugurar unha nova mostra filatélica e numismática. Esta é a edición XVIII e terá lugar mañá e o domingo 4 de setembro na sala de exposicións da emblemática Capela do Hospital. Aseguran dende a asociación que «tódolos anos procuran facer a exposición e o seu material en torno a algunha efeméride da vila». Neste caso intentan contribuir aos actos do 150º do Cruceiro do Hío, outro dos seus emblemas patrimoniais.

A Sociedade ten previsto editar un mataselos conmemorativo co que calquer persoa poderá franquear na oficina de Correos de Cangas calqueira envío ou mesmo, o propio día da inauguración, na estafeta temporal na Capela. Tamén se editará un sobre conmemorativo e un selo personalizado de Correos, todo representando o Cruceiro.

En canto á exposición, aínda que a temática expositiva é libre i non competitiva, sí que haberá unha colección titulada «Cruceiros», procedente da Sdade. Filatélica Miño-Ourense, e outra da nosa Sociedade en trono ao Cruceiro do Hío. Do resto de coleccións  a expoñer, 16 en total, varias xiran en torno á temática do patrimonio histórico-artístico e outras van por libre, destacando a colección «Mulleres perigosas», de Begoña Imaz, da Sdade. Filatélica de Vitoria, ou «Algo máis que selos», de Marta Verde (A guarda), toda unha instructiva lección acerca do mundo dos selos e da difusión do coñecemento.

Tamén cabe destacar o esforzo dos socios e socias da Filatélica-Numismática Canguesa, que tamén contribúen coas súas coleccións a engrandecer o mundo da Filatelia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *