Á presentación acuderon autoridaes locais e autonómicas, ademáis da directiva da Federación.

Hoxe celebrouse nunha contorna paradisíaca, xunto a Praia de Menduíña en
Cangas, o acto de presentación da Copa Galicia e SuperCopa Galicia 2022,
que se disputará no Gatañal do 26 ao 28 de agosto.

No devandito acto estiveron presentes a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas; o
secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a deputada provincial Ana
María Mejías; a concelleira de Deportes de Moaña, Dolores Chapela; e o
presidente en funcións da Federación Galega de Balonmán, Bruno López,
ademais dunha importante representación dos clubs participantes.

O presidente en funcións Bruno López recordou que hai dous anos cambiou o
formato desta competición, “para poñer en valor o balonmán galego, dando máis
visibilidade a esta competición, queríamos crearlle aos xogadores e xogadoras a
necesidade de xogar esta fase final, e queríamos darlle cabida aos equipos de
autonómica”. E dous anos despois o balance non pode ser máis positivo, xa que
“temos claro que a Copa e Supercopa Galicia é a mellor competición do
balonmán galego e unha das máis vistosas a nivel nacional”.

Foi un acto no que os clubs e os seus xogadores e xogadoras foron os grandes
protagonistas, para presentar unha competición que comezará o venres coa
disputa das semifinais da Copa Galicia masculina. En total será dez partidos en
tres días e 12 clubs participantes, aínda que o BM Porriño terá tripla presenza,
xa que clasificou a tres equipos para a fase final (o masculino e o de División de
Honra Prata feminino na Copa e o equipo feminino da Liga Iberdrola na
Supercopa Galicia).

Calendario da competición

Venres 26 de agosto
SEMIFINAIS COPA GALICIA MASCULINA
19:00 horas – UB Lavadores – BM Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal
21:00 horas – Indupor BM Porriño – Bueu Atlético Balonmán

Sábado 27 de agosto
SEMIFINAIS COPA GALICIA FEMININA
11:00 – Rubensa BM Porriño – Asmubal Meaño
13:00 – Calvo Xiria – Oliveira&Faro Saeplast Cañiza
SEMIFINAIS SUPERCOPA GALICIA MASCULINA
17:00 – Cisne Colegio los Sauces – Valinox Novás
19:00 – Frigoríficos do Morrazo – Disiclín BM Lalín

Domingo 28 de agosto
FINAL COPA GALICIA MASCULINA …………………………..11:00
FINAL COPA GALICIA FEMININA ……………………………….13:00
FINAL SUPERCOPA GALICIA FEMININA
Mecalia Atlético Guardés – Conservas Orbe Rubensa BM Porriño….17:00
FINAL SUPERCOPA GALICIA MASCULINA ……………………19:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *