A alcaldesa, María Ramallo, recibiu estes días aos representantes destas entidades para firmar con eles a orde de axudas
O Concello de Marín quere seguir un ano máis apoiando o importante labor que realizan as organizacións sen ánimo de lucro na vila, coa dotación de subvencións nominativas que este ano suman un montante total de 16.000 euros.
A alcaldesa, María Ramallo, recibiu estes días aos representantes dalgunhs destas
entidades para firmar con eles o acordo de colaboración económica entre a asociación e o Concello, que no caso dalgunhas se ve incrementado na súa dotación, debido ao momento de necesidade que estamos atravesando.
Tal e como declarou a alcaldesa, “as propias ONGs nos trasladan que teñen unha forte demanda dos seus servizos, nun momento como o que vivimos, aínda arrastrando as consecuencias económicas da pandemia para moitas familias que agora suman a presión da suba constante de prezos”.
“Con estas axudas”, explicou a rexedora, “tratamos de botar unha man a estas asociacións, cuxo traballo de asistencia social é fundamental”, asegurou. A relación de axudas por entidades sería a seguinte: