Representantes do club Xesteira na presentación da ruta no 2020 no Banco de Pastoriza.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, enviou esta mañá unha carta de agradecemento ao Club Xesteiras polo seu xesto de renunciar a cobrar o seu servizo de organización e coordinación da Ruta Montes e Praias que se celebrou en favor da Asociación Española Contra o Cancro.

Na misiva, Ramallo agradécelles “que actúen dun xeito tan xeneroso, demostrando algo que xa sabíamos, que é que poñen o corazón e a vontade de colaborar en todo o que fan”.

Desde o Club tomaron esta decisión porque consideran que o Concello “xa aportou suficiente dotación económica para o bo desenvolvemento desta actividade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *