O BNG de Cangas, ante a alarmante e desesperada situación da residencia de Aldán, con máis de 108 residentes e 17 traballadores positivos e 7 persoas falecidas oficialmente nas últimas horas, nunha situación límite, exixe à Xunta de Galiza «garantir a saúde e unhas condicións dignas para residentes e traballadores procurando todos os medios humanos e materiais indispensables que a día de hoxe siguen a ser insuficientes tras a visita do responsable da Xunta que se limitou a dar instruccións do protocolo, que xa sabían, os traballadorxs pero sen reforzos de persoal nin entregar máis material. 

É ademáis imprescindible, indican, iniciar a revisión do actual modelo asistencial, apostando por convertelo nun servizo público que facilite a súa universalidade e que poña freo ao traballo precario no sector. 

O BNG levaba tempo pedindo a intervención da Xunta que dispón de competencias plenas en materia de residencias, «non actuou ata que a situación foi desesperada nunha clara mostra de irresponsabilidade», tamén o BNG no Parlamento solicitou a comparecencia da Conselleira que será hoxe onde deberá dar explicacións polo acontecido en Cangas e outras residencias galegas que sufriron a renuncia da administración galega á súa función de tutela sobre elas. Unha forte aperta e ánimos aos familiares das persoas falecidas e a residentes e traballadorxs nesta dramática situación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *