Infografía do futuro aparcadoiro subterráneo do parque Eguren.

O goberno local de Marín comeza coa tramitación do anteproxecto para a construcción e
explotación do aparcamiento sorterrado no Parque Eguren. Se plantexa un aparcamiento de 2 sótanos, 218 prazas e por un importe de execución de 5.338.704 euros. Así o explicou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, no pleno ordinario deste mes de novembro.

O anteproxecto, dixo, se basa estrictamente en criterios técnicos, de acordo co estudio xeotécnico o cal é clave para recomendar non ir a 3 sótanos por ter un sustrato rocoso de granito a partir dos 7 metros de profundidade, o que complicaría a súa execución ademáis dun incremento económico elevado.

En canto á proposta de zona a actuar, tal e como se define na memoria de dito anteproxecto, se ten como premisa respetar na medida no posible a masa arbórea, e manter os muros perimetrales de pedra así como os accesos actuales do parque, co fin de que fose una proposta respetuosa e exercer pouca influencia sobre o medio xa construido.

Estudo de viabilidade

O goberno local conta tamén cun estudio de viabilidade económico financieiro cuns valores de previsións de ingresos e gastos e un prazo de concesión de 40 anos. Antes de preceder á validación deste estudio, teñen que facer un proceso de concurrencia pública por parte de empresas operadoras no sector para poder presentar as súas propostas de Estructura de Costes previas a elaborar un estudio de viabilidade definitivo.

Esta convocatoria que se vai facer ás empresas operadoras do sector, é un requisito legal previo á la elaboración definitiva do documento.

Segundo o edil popular, todo este proceso é» «unha garantía de transparencia e de xestión adecuada á realidade económica actual».

Proposta do BNG

En canto á proposta do Bng de construir o parking na zona da Dichosa, dende o goberno local mostraron a súa sopresa ao non ser presentada de «forma oficial» antes do pleno nin na Comisilón Informativa donde se tratou este tema.

Polo tanto, dixo Manuel Santos, «sí reiteramos que é unha ocurrencia de última hora coa que quere xustificar a súas negativas ás nosas propostas de solucionar o problema do aparcamiento no noso concello».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *