A compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental con moi boa resposta na nosa vila. Por iso, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou que o Concello volverá repartir un novo lote de 100 novos composteiros entre a veciñanza da man de Sogama.
O reparto destes elementos será o 1 de marzo ás 19.00 horas na Casa de Cultura do Campo.
Ademais dos compoteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe.
Toda a veciñanza que estea interesada en reservar un composteiro poderá facelo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es.