Un desprendemento obrigou a interromper o tráfico en ambos os dous sentidos de circulación a autovía do Morrazo AG-46, entre os quilómetros 0 e 3, dirección Cangas, á altura de Domaio, en Moaña.
Así o informaban os axentes de Tráfico ao 112 Galicia cando, sobre as oito desta mañá, solicitaban a intervención do persoal de mantemento da vía para sinalizar o desvío ao tráfico pola estrada que conduce ao campo de golf e evitar o colapso da PO-551