Estado dos traballos esta mesma mañá.

Se nada o impide, a previsión da consellería de Infraestruturas e Movilidad da Xunta é proceder esta noite á apertura do tramo da autovía do Morrazo entre os quilómetros 0 e 3, dirección Cangas, á altura de Domaio, en Moaña, pechado por desprendementos causados polo temporal. Será entre as 20.00 e as 21.00 horas. Así o confirman desde o departamento que dirixe Ethel Vázquez a Morrazo Noticias, asegurando que a máquina que chegou ata o vial na tarde de onte para acelerar a posta en marcha xa terminou o traballo. Agora, explican, quedan as tarefas de despexar a zona, que consistirá no corte de árbores para o seu posterior traslado e a limpeza do asfalto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *