O próximo día 4 de febreiro terá lugar unha nova xornada de traballo comunal co obxectivo realizar unha poda de formación de castiñeiros en monte comunal de Vilaboa.
Ás 9:30 horas están convocadas na Mámoa do Rei todas as persoas que queiran colaborar na poda de castiñeiros, da man do enxeñeiro Rodrigo Porto. As persoas terán a posibilidade de aprender e pór en práctica as técnicas da poda de formación. Para isto contarán con ferramenta adecuada e, no momento da inscrición, daranse máis detalles.
Esta será a segunda ocasión en que se actúa nesta plantación, anteriormente podada noutra xornada de traballo en 2021. Portanto, será unha poda de mantemento para a produción de madeira.
Ao finalizar, na Casa do Lago, contarase con petiscos para todas as persoas participantes.
Animan a toda a viciñanza a participar, desfrutar do monte e do convivio entre veciños. As persoas interesadas deberán inscribirse até o día 1 de febreiro no correo montesvilaboa@gmail.com ou no teléfono 654700664.