Damián González co seu equipo disposto a participar na proba no Circuito do Xarama.

O seu é a velocidade sobre catro rodas, pero non de calquera tamaño. As de camión. As do vehículo que o veciño de Vilaboa Damián González adquiriu o ano pasado para formar parte da Gran Proba de Camións de España que tivo lugar en outubro. Agora regresou ao Circuito do Xarama para quitarse a espiña do acelerador, pero tamén para demostrar que o paso polo asfalto tamén pode realizarse con cero emisións.

Foi un dos sete camións participantes esta fin de semana do Campionato Ecolóxico no que rodaron durante catro horas, aproveitando a oportunidade tamén para facer os test de pretemporada, formarse, ver o rendemento do vehículo e analizar a contaminación que achegaba. Pena que a choiva impediu testarlos ao cento por cento pero valeu para sacar «conclusións positivas sobre as melloras que fixemos no últimos tres meses», explicaba o piloto vilaboés Damián González ilusionado porque está convencido de que «xa estamos listos para correr os campionatos de marzo en Valencia, abril no Xarama e outubro a proba de España tamén en Madrid».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *