A alcaldesa visitando o local cedido a Musimarín.

O Concello recibiu xa a resolución favorable da Xunta de Galicia para usar a antiga escola infantil como un espazo de educación musical para a Banda de Música

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou esta mañá de que a Consellería de Educación resolveu favorablemente que o local da antiga EEI Nosa Señora do Carme poida ser utilizado como centro de educación musical por parte da Banda de Música de Marín, Musimarín, despois de que se trasladase a unidade de Educación Infantil ao CEP Sequelo, centro que está a uns metros do Nosa Señora.

A rexedora acompañou aos membros da directiva da asociación a unha visita ás instalacións, para que puideran ver o seu mellor aproveitamento de cara instalar nelas a súa actividade, que actualmente estaba a realizarse no CEIP da Laxe. “Tanto eles coma nós sabemos que a Banda gana con este cambio, xa que é moito máis espacioso e xa ten unha disposición pensada para a docencia”, explicou Ramallo. “Coa gran cantidade de alumnado que teñen. aquí poderán levar adiante ensaios de distintos instrumentos simultáneamente, ofrecendo unha moi boa oferta de estudos”, explicou a rexedora.

Desde Musimarín, mostraron a súa satisfacción por poder utilizar este inmoble e agradeceron ao colexio da Laxe a súa disposición até o de agora para acoller a súa actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *