Máis de duascentas persoas ante a delegación da Xunta en Vigo esta mañá.

Dous centeares de veciñ@s de Moaña trasladáronse hoxe en barco ata a delegación da Xunta en Vigo para demandar unha Atención Primaria de calidade no municipio, a cobertura das vacantes na quenda de tarde e, principalmente, o regreso das urxencias ao PAC de Concepción Arenal.

«Esta semana cumpriremos 52 semanas de loita e xa preparamos para o día 11, día en que cumprimos un ano enteiro desde que fixemos a primeira manifestación, unha nova manifestación para que nos devolvan os médicos de tarde que faltan e as urxencias porque temos dereito a que volvan a Moaña, que son un servizo asignado a Moaña», expresou a alcaldesa, Leticia Santos, ante a delegación autonómica.

A mobilización estivo amenizada pola gaita do concelleiro de Facenda e Persoal, Aldán Santamarina, e o tambor do edil de Mocidade, Daniel Costas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *