O proxecto, cuxo financiamento se completará con fondos do Plan Concellos, ten un orzamento de Execución por Contrata de 281.513,78 euros

O Concello de Moaña unha axuda de 56.302,76 euros, dentro das subvencións Ágora da Deputación de Pontevedra, para a execución do proxecto da “humanización da contorna da Praza do Concello”. Esta axuda, xunto cos fondos recibidos do Plan Concellos 2021 para a mesma obra, permitirán o seu financiamento ao 100 %.

O proxecto, que continúa na liña de gañar espazo público para a veciñanza, vai permitir o acondicionamento dunha zona (hoxe degradada) e a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento, así como a instalación dunha rede de pluviais.

Entre as accións previstas, están a solución de humanización para o calmado de tráfico e o establecemento dunha pavimentación ordenada con diferencia de textura para os vehículos e zonas de aparcamento. En canto aos servizos proponse unha renovación da rede de saneamento, a instalación dunha nova rede de pluviais e o soterramento das liñas aéreas dos servizos telefónicos e eléctricos.

No alumeado regularizase o actual coa disposición de columnas na marxe dereita en todo o percorrido, estendendo e complementando a praza actual. O axardinamento complementará o céspede da praza do Concello creando plantacións en xardineira que marca o carril de tráfico e a plantación de árbores para zona de acceso e fin de paso de vehículos.

A rúa pasará a estar formada por unha plataforma única na que os firmes, en diferentes cores, delimitarán as distintas zonas de uso. A plataforma da urbanización será continua con escasa diferenciación entre os bordes dos tráficos. As diferencias realizaranse en materiais, cor e texturas. Na liña de ser identificado como espazo de tráfico rodado substitúese o aglomerado asfáltico por formigón de cor marrón que une todo espazo. Para o calmado do tráfico introdúcense bandas de adoquinado con textura diferenciada que reducen a velocidade que xa existe limitada pola propia sinalización. O incremento do espazo peonil proxectado supón un aumento do 61% moito maior que o 50%.

A humanización da contorna da praza será un espazo de tráfico rodado e peonil mixto, con preferencia deste último. O tráfico rodado estará limitado en velocidade. Tívose en conta para o deseño deste proxecto cos principios da Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, dos criterios establecidos na Guía básica de espazos públicos e mobilidade amable e os seus anexos. Dentro desta actuación preténdese unha extensión da actual praza do Concello cun uso peonil preferente a nivel combinando, sen obstáculos de cota, o uso compartido será moi restrinxido polas limitacións que evitarán a creación dun circuíto automóbil. A actuación tamén se enmarca dentro do Plan de Mobilidade Urbana (PMUS) aprobado polo concello e que supón a guía a seguir nas novas urbanizacións.

Esta actuación, xunto con outras xa executadas ou en redacción, supón o compromiso do goberno municipal de avanzar na transformación da Moaña actual nunha Moaña máis amable e segura, onde a mobilidade peonil gaña presenza fronte a motorizada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *