Interior do Museo Torres de Marín.

A exposición de Manuel Torres comisariada polo xornalista e escritor Ramón Rozas e que impulsou o Consello da Cultura Galega, dentro do seu ciclo “Revisando a nosa arte”, poderá visitarse ata o 20 de xullo.

A mostra fai un interesante percorrido por toda a obra do noso pintor máis afamado, relacionándoa cos momentos clave da súa vida, que marcou enteiramente a súa prolífi ca creación artística, onde Marín sempre foi un faro de inspiración e referencia.

“Esta é unha oportunidade única de adentrarse na traxectoria de Manuel Torres e de ver obras que normalmente non están expostas nas salas, aínda que forman parte dos fondos museísticos”, explican fontes municipais.

A maiores, esta mostra serve como prolegómeno das actividades que o Concello organizará de cara ao 2026, ano no que se cumpren 125 anos do nacemento do artista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *