Presentación do Festival de Jazz de Moaña.

Xa fai un lustro dende que o Festival de Jazz de Moaña comezou a sua andaina no Arboredo da Xunqueira, unha andadura que deixa atrás a algúns dos grandes nomes da escea jazzistica galega, nacional e internacional, como son Xan Campos Trío, Mayte Alguacil Quartet, Iago Fernández Quartet, Kurt Rosenwinkle, Michael Kanan, Greg Hutchinson, Horacio Fumero, Jure Pukl, Melissa Aldana ou Jorge Rossi entre outros.

Na celebración do seu quinto aniversario neste 2021, ainda azuzado pola crise sanitaria, levará a cabo unha nova edición os días 13 e 14 de agosto cun cartel de primeiro nivel. O venres 13 actuará ás 21:00 horas o cuarteto do trompetista francés afincado en Barcelona, Raynald Colom. Este estará acompañado por Tony Tixer ó piano, o galego Paco Charlín no contrabaixo e Francesco Ciniglio á batería.

A xornada do sábado dará comezo ó mediodía, en concreto ás 12:00 horas cunha sesión vermú – jam session e un concerto a cargo de Quarteto Açaí, un grupo de música brasileira formado por Felipe Villar á guitarra, Rubén Fernández á voz, Jose Manuel Díaz ó contrabaixo e Paulo Silva na batería. Pola sua parte, Juzz, o roxecto de jazz experimental e progresivo do polifacético guitarrista Virxilio da Silva, pechará o festival de novo ás 21:00 horas. A banda complétana Rosolino Marinello ó saxo tenor, Alex Salgueiro no hammond B3, Xan Campos ao Rhodes, Felix Barth ao baixo eléctrico e Iago Fernández á batería.

O festival é completamente gratuito e realízase grazas ó esforzo e entusiasmo da organización, que está a cargo da Asociación de Jazz de Moaña, o Concello de Moaña e Moaña Son de Mar.

Os convites para asistir xa se poden reservar na Oficina de Turismo de Moaña, ben de xeito presencial ou tamén por teléfono, chamando ao 609.746.170

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *