Muller emprendedora, canguesa de cuna, Científica Mariña e unha das reposteiras máis coñecidas dentro e fora de Galicia capaz de converter un almorzo no seu hotel na mellor comida do día. Mercedes Rodal acaba de publicar outro libro, o terceiro, “As receitas da voltas co Prato”.
-Outro libro máis para o seu currículum…
-Éste xa é o terceiro libro publicado, os dous primeiros foron de respostería, a raiz do programa Larpeiros, da TVG. Neste novo libro estamos todos os cociñeiros que empezamos en A voltas co Prato e é un proxecto super ilusionante, no que cada cociñeiro dalle o seu toque persoal, eu por suposto teño mais receitas adicadas ás masas e á reposteria.
-¿Cómo o definiría?
-É un libro divertido, con receitas sinxelas, nas que empregramos moitos productos da terra, receitas tradicionais como a empanada de lacón con grelos ou as vieiras ao forno, e outras cun toque mais moderno como as nécoras con fideos mariñeiros . Un libro no que vos animo a darlle unha volta ás receitas, como facemos a diario no programa de TVG «A voltas co prato».
-¿É quizá unha oportunidade para quenes a cociña non se lles dá demasiado ben?
-As receitas son sinxelas, cos pasos moi ben explicados, e nos que sempre acompaña unha foto para ver o resultado final e saber onde hai que chegar. Son receitas que facemos no programa en directo, así que si, son receitas ideais para aqueles que queiran empezar ou darlle un toquiño diferente ás suas receitas. Ademais hai sempre un truquiño que non falla, canto mais curta sexa a explicación da receita, mais sinxela é de facer.
-¿Hai repostería que pode ser saudable?
-Cada día estamos mais concienciados de que a saude pasa polo que poñemos no prato, e que hai que recortar os azúcares, pero sempre será mellor facer un doce caseiro que comer un que veña envolto nun plástico. Pero vou dicirche un segredo…. as receitas que gañan no concurso de cociña da televisión cando facemos competición entre pratos doces soen ser as que teñen mais azucre. Unha cousa é o que é mais saudable e outra o que nos sabe mellor. Entón o segredo e sustituir os ingredientes sin alterar o sabor. Por exemplo, podemos sustituir as fariñas refinadas por fariñas integrales, de amendoa ou de avea. De todos xeitos para min e moi importante que dende a Televisión pública se manden as mensaxes adecuadas sobre a alimentación saudable.
-Muller e 8M ¿casualidade o quixo facer coincidir a presentación do libro?
A data da presentación foi unha coincidencia, pero como muller emprendedora e Científica Mariña que son, coido que é moi importante amosarlle as novas xeracións os diferentes camiños que poden aproveitar para desenvolver as súas carreiras profesionais no futuro cercano. Ter exemplos cercanos sempre é motivador.
-¿Próximo obxetivo?
Agora mesmo estou centrada no meu hotel, no que acabamos de conseguir o aumento de categoría a Hotel de 2 Estrelas Superior. Este aumento de categoría supón un esforzo enorme a agora mesmo estamos rematando as obras exixidas por parte da Consellería de Turismo. Acabamos de arrancar a temporada 2025 e estamos a traballar cara a Semana Santa e o chegar a temporada alta que xa Rodeiramar chegue a velocidade de Crucero. En canto ao programa A Voltas co Prato, estase a consolidar como un espacio de tarde imprescindible en Galicia, como reflexa a audiencia que temos diariamente. Aquí continuaremos coa mesma ilusión de sempre para alegrar aos fogares galegos.