Primeira fase xa executada.

O Goberno local está a buscar fi nanciación para o proxecto, solicitando unha subvención á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026 por valor de case 39.000 euros

O Concello de Marín segue avanzando na rehabilitación das infraestruturas viarias rurais co obxectivo de mellorar a seguridade e funcionalidade das principais vías de acceso ás parcelas agrícolas e ás vivendas do municipio.

Tras a execución da primeira fase da mellora do mantemento da estrada de acceso a Pastoriza o pasado ano, faise indispensable continuar coa segunda fase do proxecto, que xa ten redactado o Goberno local e que considera unha prioridade nas inversións do rural.

Este proxecto está deseñado para garantir que a vía manteña a súa funcionalidade e capacidade de acceso tanto para os vehículos agrícolas como para os residentes e visitantes do núcleo de Pastoriza. A vía, que conecta este núcleo coa estrada autonómica PO-313, é fundamental para o desenvolvemento económico da zona, sendo a única alternativa de acceso.

O proxecto técnico, despois de analizar a zona, considera que a mellor solución para a vía é unha rehabilitación do fi rme. Esta incluirá a eliminación parcial da capa existente, seguida da reposición con mestura bituminosa, o que garantirá a durabilidade e seguridade da calzada. Ademais, aproveitaranse determinados sobreanchos para acadar unha calzada mínima de 5 metros de anchura, cunha pavimentación de 5,20 metros, que se ampliará a 6 metros nas curvas máis confl ictivas. Esta ampliación facilitará o cruce de dous vehículos e mellorará a visibilidade, aumentando así a seguridade viaria na zona.

Un dos puntos chave desta intervención será a mellora do drenaxe da vía, que contribuirá a un desaugue máis efi caz das augas pluviais. A apertura de cunetas, a pavimentación de certos tramos e a instalación de drenaxes serán elementos esenciais para preservar o fi rme da calzada, alongando a súa vida útil e evitando a contaminación do solo e das augas subterráneas.

O proxecto foi deseñado atendendo estritamente á normativa vixente, incluída a establecida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o que garante que todas as intervencións se realicen de acordo coas regulacións urbanísticas e medioambientais do municipio.

Esta actuación responde á necesidade de garantir que os camiños rurais sigan desempeñando un papel esencial na conectividade e no desenvolvemento económico do municipio, sendo un eixe fundamental para o acceso ás parcelas agrícolas.

Para buscar financiación, o Concello solicitou unha subvención á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026 por valor de case 39.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *