A presentación da Festa Corsaria foi un gran espectáculo para os máis pequenos da vila no 2023.

Este plan engloba a todas as asociacións artísticas e musicais de Marín e ten como finalidade que todas elas poidan ter actuacións ao longo do ano, co obxectivo de fomentar a cultura local

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, adiantou en comisión informativa o borrador do novo Plan Cultural de grupos artísticos e musicais para o ano 2024, que estará dotado con cerca de 64.000 euros. O obxectivo, tal e como explicou a concelleira, “é darlle unha nova vida a este plan, que ata agora non incluía a gran cantidade de inversións e actuacións que se costeaban desde o Concello”.

“Queremos seguir apoiando á nosa cultura local, tal e como vimos facendo nestes anos, e para iso está este Plan, que procura que todos os nosos grupos teñan a oportunidade de actuar ao longo do ano”, detallou Sanmartín. As axudas incluidas no plan están destinadas a banda de música, corais, grupos folclóricos e bandas de gaitas, cuartetos tradicionais, bandas de tambores e cornetas, charangas, batucadas, maxia e animación infantil, así como grupos de animación tradicionais (tipo cantos de taberna).

Os únicos requisitos que hai para formar parte do Plan Cultural son que as asociacións que formen parte do mesmo estean inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións de Marín ou ter a súa sede social na vila, así como desenvolver algunha das actividades artísticas antes mencionadas. “Agora mesmo temos rexistradas 21 entidades, para as que temos 46 actuacións en total, que son nas que investiremos eses 63.700 euros”, explicou Sanmartín.

Listaxe de asociacións culturais que forman parte do Plan Cultural

● Banda de Música de Marín Musimarín
● Batucada Maracumbé
● Batucada Axe Bahía
● Charanga Noroeste
● Charanga Os Jalácticos
● Coral do Centro Sociocomunitaria
● Coral Lembranzas
● Coro de Cámara Thalassa
● Asociación Tregha (Saljariteiros)
● Asociación de Vecinos Laberinto de Mogor (Máis Cantos)
● Agrupación Trompos Os Pés
● Asociación Cultural Airiños de San Xulián
● Agrupación Os Chaneiros
● Asociación folclórica Pousos da Area
● Asociación Cultural Picuíña
● Os de Marín
● Grupo Carballido
● Asociación Cultural Xente Nova de Marín
● Mago Noel
● Tarabelos
● Mago Paco

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *