Manuel Santos, Marián Sanmartín e Pablo Novás coa alcaldesa María Ramallo nun dos aparcadoiros habilitados polo Concello.

Volve o bo tempo e as praias serán, coma todos os anos, os puntos de atracción de Marín. O Concello ven de habilitar seis aparcadoiros públicos gratuitos na contorna do Vial de Praias, que serven para dotar a toda esta zona de novas prazas de aparcamento, que axudan a absorber a importante demanda de estacionamento que se rexistra nesta tempada.

Os aparcadoiros sitúanse tres na primeira parte de Aguete e outro facendo esquina coa Rúa Gago de Mendoza, outro na Praia de Loira e outro na Coviña.

Por outro lado, xa está listo para usarse o novo aparcadoiro da Rúa Quevedo, ubicado na unión entre República Arxentina e Concepción Arenal, con entrada fronte á concesionaria de Renault.

Este novo espazo de estacionamento supón gañar 50 novas prazas no casco urbano.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí