Inauguración da mostra de fin de curso.

O Museo Municipal Manuel Torres acolleu hoxe a inauguración da mostra de fin de curso das asociacións veciñais San José de Cantodarea e Virxe do Porto de Marín.

Estes dous colectivos caracterízanse pola súa intensa actividade ao longo do ano, ofrecendo cursos de ximnasia de mantemento, patchword, pintura e vainicas, así como restauración de mobles antigos.

Desde ambas asociacións, agradeceron á alcaldesa, María Ramallo, a disposición do Concello para que utilicen locais municipais para desenvolver este programación.

A mostra poderá verse no Museo Torres ata o 12 de xullo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *