Campamento de verán do ano pasado.

A Concellaría de Benestar Social informou esta mañá de que o 2 de maio abrirá o prazo para inscribirse nas 300 prazas para os campamentos de conciliación de verán organizados polo Goberno local, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2012 e o 2021.

A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link:
https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/

O prazo de presentación rematará o luns 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairán o venres 24 de maio. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas.

Forma de pago
O pago pode realizarse de tres formas:

  • Por domiciliación bancaria na conta que indique a persona beneficiada. O cargo na conta do solicitante será realizado o 5 de xuño de 2024.
  • A través da PASARELA DE PAGO na páxina web do Concello de Marín, do 3 ao 7 de xuño
  • Nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín. O pago realizarase en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xuño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *