A concelleira no comedor entregando a caballa.

Será a primeira das doazóns que se realicen a esta entidade sen ánimo de lucro, procedentes das prácticas de fileteado de peixe que realiza o alumnado desta modalidade

O pasado venres, a especialidade de Pesca e Acuicultura do Obradoiro de Emprego Concello de Marín I realizou a súa primeira doazón ao Comedor Social de Marín, coa entrega de 18 quilos de caballa para o seu emprego culinario nos servizos de comedor que ofrecen.

Na entrega estiveron a aconcelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, e o director do Obradoiro de Emprego, Óscar Rey, quenes matizaron que esta será a primeira das doazóns que se realizará por parte do estudantado do obradoiro.

A concelleira recalcou a importancia que ten impulsar programas coma este, “que conseguen ter varias implicacións na sociedade, por unha banda no que respecta á formación e inclusión laboral da cidadanía e, por outra, esta vertente solidaria que reforza a Marín como un pobo implicado e no que sempre aproveitaremos os nosos recursos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *