Presentación del Xaxán Bike.

A cita, que incluirá a última proba da Copa Galicia, xuntará a máis de 600 participantes no entorno do monte marinense

O Concello de Marín acolleu a presentación do Xaxán Bike, coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, así como de representantes do XSM Club, entidade organizadora da proba, que deron a coñecer os detalles dunha competición.

Desde o Goberno local destacouse a importancia de apoiar eventos deportivos deste tipo, que combinan a práctica saudable do deporte coa promoción do territorio e a promoción do deporte de base. “O Xaxán Bike é unha oportunidade para que se vexa o seguemento que ten o ciclismo na nosa vila”, sinalou Antonio Traba.

O sábado pola mañá haberá proba de Mini BTT para nenos e nenas e pola tarde será o final da Copa Galicia de XTO de adultos e xa o domingo pola mañá haberá unha proba de Mini DH, descenso para os peques. Con respecto á Copa, remátase toda a liga en Galicia, que constou de 11 probas que o sábado rematan coa entrega do maillot gañador. En total, a organización calcula cerca de 600 persoas participantes chegados de distintos puntos.

O Concello anima á veciñanza a achegarse e desfrutar do ambiente do Xaxán Bike, apoiando aos corredores e poñendo en valor o compromiso de Marín co deporte e cos hábitos de vida saudables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *