O concelleiro Manuel Santos, a edil Marián Sanmartín e a alcaldesa María Ramallo no pleno.

O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informou esta mañá de que rematou o período de exposición pública do Orzamento municipal sen que este recibise ningunha alegación. “Polo tanto, agora pasaremos á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que se tramite a súa aprobación defintiva e entre, polo tanto, en vigor”, explicou Santos.

O orzamento ascende a 16.342.099,05 euros, o que supón cerca dun millón de euros máis ca no ano 2023. Con respecto aos ingresos, tal e como vén sendo habitual noutros exercicios, aproximadamente o 52,5% provén tanto das taxas e impostos directos e indirectos do Concello, sendo o resto de 47,5% procedentes da participación nos Tributos do Estado e da Xunta de Galicia.

En canto ao gasto, o destino dos fondos públicos repártese da seguinte forma:
1.- Seguridade cidadá (Policía Local e Protección Civil) e mobilidade urbana: 1.699.213,52 euros (10,41%)
2.- Urbanismo e vías públicas: 1.259.231,80 euros (7,72%)
3.- Servizos de abastecemento, alcantarillado e alumeado público: 2.183.221,96 euros (13,40%)
4.- Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos urbanos: 2.405.921,37 euros (14,72%)
5.- Mellora medioambiental e mantemento de parques e xardíns: 850.007,66
euros (5,20%)

6.- Servizos Sociais e Emprego: 1.402.954,05 euros (8,5%)
7.- Educación e Deporte: 1.522.604,8 euros (9,32%)
8.- Cultura e Festas: 1.172.565,55 euros (7,18%)
9.- Turismo e Comercio: 200.695,01 euros (1,23%)
10.- Administración xeral do Concello, Dixitalización e Participación cidadá: 2.949.700,36 euros (18,06%)
11.- Endebedamento: 695.982,97 euros (4,26%)
Algunhas das inversións que están previstas, aínda que non se reflexen no Orzamento por ser financiadas a través de convenios con otras entidades administrativas ou grazas á captación de financiamento externo son o Centro Sociocultural, actualmente en execución; a humanización de parte de Concepción Arenal e a Rúa da Ponte, tamén recentemente iniciada; a humanización e reordenación do tráfico da beirarrúa pegada aos edificios da Avenida de Ourense, a humanización de Pedreiras de Abaixo ou a execución de todos os proxectos incluidos no Plan de Sostibilidade Turística… entre outros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *