A concelleira Marián Sanmartín nun cole mostrando as bolsas de reciclaxe.

O Concello lanza dúas campañas de concienciación co reparto de embudos para a recollida do aceite usado nas cociñas e de bolsas de tea para reciclar a roupa e darlle unha segunda vida

Reciclar o plástico, o vidro ou o papel e o cartón xa é algo que facemos de xeito natural. Mais aínda temos moito que aprender e mellorar na xestión doutro tipo de residuos. Así o entenden desde o Concello de Marín, que veñen de lanzar dúas campañas destinadas á boa reciclaxe de aceite de cociña e de roupa.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, explica que en ambos casos “o que procuramos é concienciar á cidadanía da importancia de ter unha visión sostible da xestión dos nosos residuos en todo momento, non só no que xa tradicionalmente entendemos por reciclaxe”. Deste xeito, creáronse uns embudos para recollern unha botelliña o aceite de cociña usado e tamén unhas bolsas de tea nas que ir acumulando esa roupa que xa non utilizamos e que, posteriormente, levaremos aos colectores de reciclaxe de roupa.

Este material foi repartido ao longo desta semana nos centros educativos e pronto será tamén levado ao Mercadiño. No que respecta ao aceite, é esencial reciclar aquel que utilizamos para cociñar porque supón un residuo altamente contaminante para a rede de sumidoiros. Tamén da problemas de obstrución dos canos e coa súa boa recollida evitamos que se produza unha proliferación de organismos prexudiciais para a saúde e os malos cheiros.

Sobre a roupa, conseguimos ir contra esa “moda rápida” na que producimos textil que apenas utilizamos ou que ten capacidade de volver ser utilizado para a produción de novos materiais, tratando de sacarlle toda a vida útil posible aos tecidos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *