Presentación da duatlón no Concello.

Este domingo, a Marín acollerá o Campionato Provincial Xogade Duatlón, a partir das 11.00 horas, con saída e meta no parking da Praza de España e con percorrido polo Paseo Alcalde Blanco. O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou esta mañá o evento xunto con representantes do Programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e o Club Deportivo Pinarium.

Trátase do primeiro duatlón que se organiza na nosa vila e que, tal e como indican desde o Pinarium, “será unha moi boa proba de dinamización, incluíndo as variables de carreira e bicicleta, moi accesible para que poidan participar nenos e nenas de distintos niveis”.

Ademais do campionato de duatlón, haberá tamén unha proba de promoción non competitiva para os máis pequenos, de entre 2014 e 2016.

A organización prevé que se rexistre unha participación de 100 nenos e nenas nas probas de benxamín, alevín, infantil e cadete, e sobre 20 participantes na proba non competitiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *