Renovarase o colector interceptor nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a súa orixe en Coirados ata o centro urbano, con 5 cambios de marxe, retirando o colector actual do río, e habilitarase un acceso para o seu mantemento no que se prevén 3 pasarelas
A finais do ano que ven a zona de Coirados, na súa conexión co centro urbano, estará saneada en superficie e tamén baixo terra. Está previsto que a finais deste 2022 comecen as obras de saneamento para a mellora ambiental do río Lameira, que inclúen a parte máis vistosa para os cidadáns, a creación dunha zona peonil mediante a construción dunha senda entre Ponte Zapal e a zona de Coirados que permitirá aos veciños unha mellor conexión a pé co novo centro de saúde. A obra supoñerá un investimento da Xunta de 3,3 millóns de euros para os traballos subterráneos e 79.000 euros de fondos municipais para a construción da conexión en superficie.
As obras de saneamento reducirán foron licitadas o pasado 13 de maio, de forma que as empresas dispoñen de prazo ata o 14 de xuño para presentar as súas ofertas a este contrato, que ten un prazo de execución de 12 meses. As actuacións serán financiadas cos fondos europeos no marco do Eixo REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou que o proxecto busca reducir a incorporación de caudais de augas brancas á rede de saneamento na zona baixa do caso urbano, así como os frecuentes alivios ao medio; e, por outro, regular o sistema de saneamento da conca do río en tempo de choiva, modulando os caudais que son derivados cara á depuradora.
Para conseguir esos fines, en primer lugar, está previsto sacar del río el colector actual, y se procederá a la renovación del colector interceptor en un trecho de 1.620 metros con 5 cambios de margen, desde su origen, en la carretera PO-313, en Coirados, hasta ponte Zapal, en el casco urbano, a partir de donde el río va canalizado hasta la desembocadura. Además se repondrán 10 acometidas que también deberán cruzar bajo el canal para conectarse al nuevo colector. Está previsto, también, habilitar un acceso para su mantenimiento, con 3 pasarelas de madera para salvar los cruces del río.
Sinalou que tendo en conta o sistema unitario do saneamento, para a xestión das augas pluviais executarase un depósito de retención en formigón armado, que permitirá regular os caudais enviados augas abaixo, con capacidade para laminar un volume de 1.250 m3. Será telegestionado a través de sinais de comunicación móbil.
Ademais, segundo detallou Ethel Vázquez, actuarase na estación de bombeo, que actualmente presenta deficiencias, tanto hidráulicas, que orixinan frecuentes alivios ao medio; como de explotación, pola ausencia de equipos que aseguren unha xestión eficiente.
Os traballos da Xunta abarcan a mellora ambiental do río Lameira e outras intervencións puntuais na rede, como a impermeabilización de pozos ou a separación de pluviais, ademais de corrixir os incidentes detectados, como, por exemplo, a desconexión de augas pluviais do sistema de saneamento municipal.
As obras foron licitadas o pasado 13 de maio, de forma que as empresas dispoñen de prazo ata o 14 de xuño para presentar as súas ofertas a este contrato, que ten un prazo de execución de 12 meses. As actuacións serán financiadas cos fondos europeos no marco do Eixo REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Estas actuacións, do mesmo xeito que as realizadas e previstas en Marín, forman parte do Plan de saneamento local, co que a Xunta está a mobilizar investimentos por valor de 50 M€ para apoiar aos concellos da ría de Pontevedra nas súas competencias.