A Festa tivo un cheo total no 2023.

A Festa agotou as existencias e César Poza e Carmen Gallego agradecen a implicación dos restaurantes e dos artesáns participantes así como o respaldo da cidadanía

Máis de 2.000 racións vendidas, 8.000 euros facturados e o cartel de “completo” nas actuacións programadas é o resultado en cifras da segunda edición da Festa do Mar de Vilaboa, un evento que contou co respaldo decidido tanto da veciñanza local como da contorna.

Tanto o alcalde, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego agradecen a participación e bo traballos dos restaurantes participantes, A Garboa, Casa Aurelia e A casa de Rosa da Mazaroca, “que fixeron todo o que estivo na súa man para enxalzar os produtos do mar locais” e que elaboraron o dobre de racións que na pasada edición. “E aínda así quedáronse cortos. Podían terse vendido ata o triplo, xa que se esgotou todo”. Neste sentido desde o Concello pide desculpas ás persoas que non puideron degustar os prazos ofrecidos por terse esgotado as existencias. “Está claro que a afluencia de xente desbordou totalmente as nosas expectativas. E este dato é o que nos alenta a mellorar porque o que quedou claro é que a Festa do Mar chegou para quedarse”, apunta César Poza.

Os produtos máis demandados nesta edición da Festa foron as empanadas de mexillón e de choco e as ameixas á mariñeiras, resultando tamén éxitosas as ventas de doces da panadería Os Laranxos, non contabilizadas na facturación do evento, ao igual que ocorre co viño que venderon os adegueiros participantes.

O Concello de Vilaboa agradece tamén a presenza de todos os expositores, tanto das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo como dos artesáns locais (Cachiboreta, ERR3, Artesáns de Vilaboa, Víctor Tajes e Cristina Fernández Rosendo coa editorial Tórculo) que trasladaron á organización a súa satisfacción pola experiencia vivida e polas ventas.

O alcalde de Vilaboa agradece tamén a implicación do persoal municipal, de todos os departamentos, que colaboraron tanto na montaxe como na desmontaxe da Festa, na limpeza do entorno e na venta dos tíckets para a comida; e tamén a todas as persoas que coa súa presenza en San Adrián contribuíron a poñer en valor o traballo de mariscadoras e bateeiras. O Concello aproveitou tamén o contexto da Festa para facer promoción, desde un stand institucional e punto de información violeta, dos activos turísticos de Vilaboa en material ambiental representados fundamentalmente polo parque de Castiñeiras, as Salinas do Ulló e de Larache, os roteiros dos muíños e as mámoas e o patrimonio histórico e industrial como a paneira da Reitoral, o hórreo de Vilaboa ou o Forno do Cal.

A Festa colgou tamén o cartel de “aforo completo” coincidindo coas actuacións musicais de Caamaño e Ameixeiras e Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, na tarde do sábado e co concerto da Banda da Escola de Música de Vilaboa, acompañada de Merchy Treviño e Dani Lamas na mañán do domingo, “Queremos resaltar o excelente comportamento das personas asistentes que facilitou que non se rexistrase nin un só incidente a pesar dos moitos vehículos que se concentraron no peirao de San Adrián”.

“Podemos dicir que a Festa foi un éxito froito dun traballo en equipo e da implicación de toda a cidadanía de Vilaboa, que respondeu sen fisuras a unha convocatoria que buscaba poñer os nosos produtos do mar no mapa gastronómico local en canto a eventos. E o respaldo foi fantástico. Como alcalde, síntome moi satisfeito desa resposta”, conclúe César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *