Madamas e galáns bailando polos barrios.

Farán unha media de 15 kilómetros diarios camiñando unhas 8 horas para que ninguén quede sen gozar da festa máis singular da provincia de Pontevedra

Madamas e Galáns teñen todo a punto para comezar mañán sábado a celebración do Entroido de Cobres e achegar a súa singularidade, o seu colorido e a ilusión por conseguir a declaración como Fiesta de Interés Turístico Nacional a cada recuncho do municipio. Confiando nunha mellora nas condicións climáticas, Concello e Asociación Cultural manteñen a totalidade do programa que levará ás 70 personas que conforman as parellas de bailes e o acompañamento musical a comezar o seu percorrido polas parroquias desde as 10 horas ata as 19 horas.

Un periodo de tempo no que o Entroido de Cobres fará paradas programadas en diferentes espazos públicos para escenificar os seus bailes nun achegamento da celebración ás persoas maiores de cada zona, e facilitarlle así o goce do evento sen desprazarse á carpa instalada en Riomaior, á que a partir das 19 horas chegarán os danzantes e continuará a festa ata que ás 22 horas toma o relevo a música, mañán sábado con trío Tic Tac, América de Vigo e Dj Charlie. O obxectivo é que ninguén quede sen gozar do entroido máis singular e emblemático da provincia de Pontevedra.

Un código QR, ao que se accede desde la web entroidodecobres.es, facilitará a localización en tempo real das madamas e galáns, favorecendo así que calquera se poida integrar na programación, facéndose partícipe de esa parte máis interna do festexo. O achegamento do espíritu do entroido aos barrios de Vilaboa, pensado para que ninguén quede sen gozar das danzas de Cobres, supón para Madamas e Galáns camiñar durante unha medida de 8 horas diarias os 4 días de festa, desde mañán sábado ata o martes de Entroido, día grande da programación. Camiñan diariamente unha media de 15 kilómetros, portando os galáns uns sombreiros que rondan os 3 kilos de peso e os das madamas 7 kilos; peso que manteñen durante as paradas para bailar.

Arredor de 35 parellas de baile comezarán mañán este achegamento do Entroido de Cobres aos barrios, todas elas con idades que van desde os 5 aos 40 anos. Xa na carpa, as súas actuacións veranse reforzadas polo grupo de veteranos, que nos últimos meses traballou no ensaio doutras danzas que complementen o programa. A asociación cultural Cobres, organizadora do Entroido coa colaboración do Concello, destaca o arraigo popular que este evento ten nestas dúas parroquias, nas que ser madama o galán é un honor, en ocasións herdado por tradición familiar e noutras adquirido para cumprir un soño non alcanzado por outras xeracións da familia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *