Entrega dos alimentos a Servizos Sociais.

A recollida estivo ligada á celebración dunha Carreira Solidaria pola Pazcelebrada o pasado 31 de xaneiro

Nenas e nenos do CRA de Vilaboa reúnen más de 100 kilos de alimentos coa súa Carreira Solidaria pola Paz celebrada o pasado mércores 31 de xaneiro e na que cada participante, xunto coa súa familia, colaborada coa doazón dalgún produto de alimentación.

Os alimentos recollidos foron entregados ao departamento de Servizos Sociais municipais nun acto simbólico ao que acudiron a concelleira María Canosa e o alcalde, César Poza, xunto co profesor responsable da actividade deportiva, Borja Varela Paz e a directora do CRA, Concha Pérez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *