Estado actual do centro social do Picho.

A actuación, aprobada no pleno extaordinario deste xoves, sairá de xeito inmediato a licitación por un importe de 560.197 euros

A sesión plenaria extraordinaria celebrada este xoves en Vilaboa aprobou de xeito definitivo o proxecto de rehabilitación do futuro centro social e de maiores de O Picho e o inicio inmediato do procedemento de licitación, cos votos favorables do grupo de goberno e a abstención dos restantes membros da Corporación asistentes á sesión.

A actuación ten un coste de 560.197 euros que se financiarán ao 80% a través do programa PON2030 da Deputación Provincial e a cantidade restantes con fondos propios do Concello de Vilaboa.

Trátase dun edificio de dúas plantas situado nunha parcela de titularidade municipal cunha superficie de 863 metros cadrados no que se encontra tamén outra edificación auxiliar; todo elo en mal estado de conservación debido ao desuso e que agora será recuperado polo goberno de César Poza para converter ese entorno nun centro social e acondicionado para o día a día maiores de Vilaboa. A estrutura do edificio, que foi a antiga escola unitaria de O Picho e que no pasado acolleu tamén as oficinas da escola-obradoiro de emprego, será obxecto dunha reforma integral.

Este proxecto de reforma transformará a edificación existente acondicionandoa para que sexa usada por persoas maiores, acometendo os cambios interiores necesarios para garantir a accesibilidade universal e a eliminación de barreiras arquitectónicas. A actuación contempla tamén o acondicionamento de espazos exteriores como xardíns e zona de esparcemento ao aire libre.

O goberno local de Vilaboa da luz verde así a unha nova fase que permitirá ao municipio contar no Picho cunha infraestrutura moi demandada pola veciñanza xa que un dos seus usos principais será atender a alta demanda de atención no día a día das persoas maiores, unha alternativa que facilitará a conciliación das familias da localidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *