Larriba e Poza nas Salinas de Ullo.

A actuación, que contará cun orzamento de 300.368 euros, chegará ata a Cancela do Lobo

A Dirección General de la Costa y el Mar, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica, inicia a construcción de dous novos tramos de senda costeira en Vilaboa, que partirán das Salinas de Ulló ata a Cancela do Lobo.

Trala reunión mantida hai uns días polo alcalde de Vilaboa, César Poza, co Servizo Provincial de Costas, o Concello recibiu xa a notificación do inicio da exposición pública do proxecto, abríndose así o periodo de presentación de alegacións.

A actuación prevista parte do ámbito das Salinas do Ulló, continúa durante aproximadamente medio kilómetro, bordeando a elevación boscosa que existe, ata conectar cun camiño existente na zona coñecida como A Cancela do Lobo.

A obra, que contará cun investimento de 300.368 euros, divídese en tres tramos diferenciados, considerados o primeiro e o último como rampas para salvar desniveis e como itinerario peatonal o tramo intermedio, tendo sempre en conta o entorno natural protexido e non urbanizado no que se ubica, así como que, na medida do posible, o trazado apoiase no do sendeiro existente para minimizar as afeccións medioambientais.

As características deste novo tramo de sendeiro garanten a accesibilidade a través dun itinerario peonil de más de 1,80 metros de ancho libre de obstáculos así como unha inclinación que non supere o 10% nos puntos máis altos. O trazado contará tamén con bancos de madeira estilo nórdico e vaias rústicas que delimiten o paseo.

O goberno local de Vilaboa comezou en abril do 2021 as negociacións con Costas para que asumise a ampliación da senda das Salinas, como parte do proxecto global crear un sendeiro litoral que unise este entorno co Forno do Cal. Coa inicio deste proxecto, confirmado esta mesma semana, o tramo que parte das Salinas de Ulló avanza hacia Santa Cristina mentras que o Concello traballa en colaboración co GALP para executar un novo trazado que parte do Forno de Cal que garanta unha primeira senda peonil naquel entorno.

“É imposible para un Concello como o noso desenvolver un proxecto desta envergadura dunha soa fase, por iso deseñamos esta senda en varias fases. É moi satisfactorio para nós ir concretando estas ampliacións porque cada tramo nos acerca un pouco máis a ese soño que é ter un sendeiro litoral que vertebre Vilaboa”, indica César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *