César Poza tras ser nombrado alcalde novamente.

«Totalmente decepcionantes e moi desleais». Así definiu César Poza, alcalde de Vilaboa, o orzamento previsto pola Xunta no municipio para o vindeiro ano 2024, no que as contas autonómicas limitan a mención a Vilaboa a unha partida de 100.000 euros para a remodelación do porto de San Adrián e de 10.000 euros para Santa Cristina, no anexo específico de Portos de Galicia. Esta segunda partida desaparece xa na presentación que o Partido Popular realizou hai uns días detallando os investimentos previstos pola Xunta na contorna, reflexando unha única partida de 121.000 euros para San Adrián. “Parece que nin eles teñen claro o que van investir nin donde”, apuntan desde o goberno local que entende as devanditas cantidades como “irrisorias e unha burla ao conxunto da cidadanía de Vilaboa”. César Poza califica de “utilización descarada das necesidades e preocupacións do sector bateeiro de Vilaboa” a realizada pola Xunta de Galicia durante os últimos anos.

O alcalde de Vilaboa recorda que o pasado mes de marzo a entón presidenta de Portos de Galicia falaba en San Adrián da ampliación do dique de abrigo para dotar de prazas de amarre á flota bateeira cun proxecto valorado en 1,8 millóns de euros. “A partida de 100.000 euros demostra o interese que teñen en solventar unha necesidade urxente para a que o sector leva anos esixindo unha solución e que desde este Concello respaldamos sempre”, recorda César Poza.

En canto á remodelación global á que a Consellería do Mar fixo referencia no ano 2021 para o porto de San Cristina, César Poza recoñece a súa perplexidade ao non tela dotado con partida nin para facer unha memoria descriptiva. Visitas en campaña, infografías vistosas e promesas que “non son quen de cumprir cando chega o momento, porque aquí o único que vale é reflexar nos orzamentos autonómicos partidas claras para acometer os investimentos comprometidos co sector”, indica César Poza que considera “moi desleal” por parte da Xunta que os orzamentos para 2024 non recollan actuación algunha no tramo autonómico da estrada de Paredes, a pesar do alto risco e perigosidade que encerra este vial, a PO- 264.

Ainda que nunha reunión mantida polo alcalde coa conselleira de Infraestruturas o pasado mes de febreiro xa detectou escaso interese en intervir neste tramo de 300 metros de estrada, César Poza confiaba en que a extrema inseguridade vial á que están sometidas as persoas residentes nesta contorna “fixera reflexionar á Xunta sobre a imperiosa necesidade de actuar nunha estrada de conexión con municipios limítrofes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *