A alcaldesa e a concelleira presentando o cartel da festa.

O Concello presentou esta mañá a programación das festas da patroa, que se celebrarán entre o 8 e o 10 de setembro

A patroa de Marín estará de festa o próximo día 8, cando se conmemora a festividade da Virxe do Porto. Hoxe presentouse a programación no Concello, que suporá o punto álxido da primeira quincena de setembro, antes de que chegue o tradicional San Miguel.

A programación arrancará o propio xoves, 8 de setembro, ás 12.00 horas, cunha musa e procesión, onde actuará a Coral Lembranzas, a agrupación Airiños de San Xulián e a Banda da Escola Naval Militar. A partir das 18.30 horas, haberá o espectáculo infantil “Con Tom y Son” na Alameda e ás 19.30 horas iniciarase o pasarrúas con Máis Cantos. Ese día, ademais, estará a Asociación Bolimar palillando na Alameda, entre as 10.30 e as 14.00 horas.

O venres, celebrarase a IX Edición da Noite Estrela, unha oportunidade única para apoiar o comercio local, e ás 21.00 horas será na Alameda o concerto de Luar na Lubre.

Finalmente, o sábado 10 de setembro, ás 22.00 horas, será a quenda do grupo Quinkillada, que actuará na Alameda.

Toda a programación queda supeditada a unha posible cancelación ou cambio de data en función das previsións meteorolóxicas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *