A concelleira na Escola de Música de Marín.

A Escola Municipal de Música vén de ser obxecto dun proxecto de mellora de cara
a que as instalacións estean en perfecto estado para o inicio do curso 2022-2023,
que abrirá o prazo de matrícula a partir do luns.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, acudiu hoxe a supervisar o final dos
traballos, que supuxeron a ampliación dunha das aulas, o cambio do chan para ir
avanzando na insonorización do inmoble, a renovación e mellora de toda a
instalación eléctrica, incluindo a conectividade WIFI; a colocación dunha tarima
para os ensaios de coro, a dotación de armarios empotrados para almacenaxe e a
posta a punto dos baños, entre outras melloras.

No que respecta á matrícula, poderá facerse en horario de tarde, do día 5 ao 16 de setembro, de 17.30 a 20.00 horas, no propio local da Escola. Tamén haberá unha opción en horario de mañá, do 19 ao 29 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas. Estas son as disciplinas que se ofertan:
o Música e movemento: de catro a seis anos.
o Iniciación á música
o Informática musical.
o Linguaxe musical.
o Educación auditiva e vocal.
o Violín, viola.
o Piano.
o Preparación de acceso a conservatorio.
o Estudos de grao elemental e profesional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *