A patrulleira «Corvo Mariño» da Garda Civil trasladou esta tarde o cadáver do veciño de Bueu, Juan Carlos Álvarez Rodríguez, localizado 24 horas despois da súa desaparición en Cabo Udra por causas que aínda se descoñecen, ainda que todo apunta a que puido ser un accidente.
A denuncia pola desaparición produciuse o sábado sobre o mediodía e foi a súa parella a que deu a voz de alarma #ante a Policía Local. Explicou que Juan Carlos saíra o venres pola noite cara a Cabo Udra para pescar e non volvera nin nada sabía del desde entón. Xa pola noite foi localizado o corpo sobre unhas rocas na zona de Punta Chenla, moi preto de onde se atoparon algunhas das súas pertenzas.