O deterioro das tubaxes no edificio da Seguridade Social en Aldán está na orixe dos verquidos rexistrados nos últimos días ao río Orxas. Así o comunica a alcaldía de Cangas que di que «dende principios de setembro, vense requerindo a UTE a localización e subsanación do verquido no río Orxas, e aínda que se realizaron traballos e inspeccións non foi ata o día de onte quén de localizar o problema que motivaba a situación do verquido na desenvocadura do rio».
Tras identificar, explica, un rezume nun muro cerca do centro de saúde e no tramo do río que vai por baixo do vial se comeza a considerar que dito verquido procedía do saneamento do edificio colindante que é o edificio da Seguridade Social, do que o 50% está cedido ao Sergas e ocupado polo centro de saúde e o resto está destinado ao centro social. Pacto seguido ordea o levantamento da beirarrúa para acceder aos desagües do edificio. Foi ao realizar esta actuación cando se descubre unha balsa estancada de auga acumulada polo desplome dunha tubería que, ao estar sobre area, drena con facilidade ata chegar ao río.
Victoria Portas púxose en contacto co xerente da área sanitaria, Javier Puente, para trasladarlle o video e comentarlle a situación localizada. Sergas, Seguridade Social, UTE e Concello traballan desde esta mañán para solventar unha situación que pasa en primeiro lugar por succionar as augas grises estancadas.
Victoria Portas comunica que se puxeron «todos os medios posibles para localizar o o problema que ocasionaba dito verquido, que entendemos a preocupación da veciñanza a tal situación, pero como se pode comprobar, a localización non foi sinxela, levando o problema oculto moitos anos».