Os gañadores na entrega de premios no Concello de Cangas.

A creación, orixinalidade e bo sabor tiveron premio estes días en Cangas a través da Feira da Tapa, que xa chegou ao seu fin tras cultivar gran éxito. E fíxoo en dúas modalidades, unha a da propia tapa e outra a da elaboración especial. Nesta última o xurado premiou en primeiro lugar a O Pequeno Lambón e de segundo O Argólide. Na outra categoría, a do público, a resolución foi xusto a contraria (primeiro O Argólide e segundo O Pequeno Lambón).

En canto ao apartado de tapa, a clasificación encabezouna Casa Porrón, seguido de Pandemillo Taberna Galega e de Manolo Mañanita. En cuarto lugar Sol Poñente e despois A Curva e Tapería O Laño.

Por último, o premio do público foi para Plantaciones de Origen, Bar Sete de Coiro, Sol Poniente, Pandemillo e Manolo Mañanita.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *