Inicio Deportes Morrazo Llorente deixa de ser adestrador do Peixe por motivos persoais

Llorente deixa de ser adestrador do Peixe por motivos persoais

Javi Llorente deixou de ser onte adestrador do primeiro equipo do Marín Peixegalego. O técnico presentou a súa dimisión por motivos persoais e familiares. Llorente seguirá vencellado ao club desempeñando outras labores técnicas.

O preparador leonés puxo en coñecemento da directiva a súa decisión en pasadas xornadas e notificoullo hoxe á tarde aos membros do primeiro plantel nos momentos previos ao comezo do adestramento no pavillón da Raña. 

O técnico leonés leva doce anos no club, os oito últimos como adestrador principal do primeiro plantel. Neste tempo, liderou dous ascensos a LEB Ouro, un a LEB Prata e ademais dirixiu ao equipo cadete a unha final de Campionato de España. O segundo adestrador, Diego Gómez, será o encargado de dirixir ao equipo ata o remate de temporada. 

Mañá o club levará a cabo unha rolda de prensa ás 11.30 horas no pavillón da Raña para analizar a situación perante os medios de comunicación.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí