Un incendio nun barco no exterior do estaleiro dá Xunqueira de Moaña, na zona do Cocho, acaba de activar aos servizos de emerxencia. Trátase dun barco alleo ao estaleiro, segundo a propiedade da empresa naval, do que se descoñece as características e a identidade do dono.

No lugar hai un amplo despregamento de medios. Trasladáronse dous coches dos bombeiros do Morrazo cos seus tres efectivos, outro vehículo do parque de Teis (Vigo), dous do de Pontevedra e Protección Civil de Cangas, ante o medo de que as chamas puidesen chegar a afectar o estaleiro e que as consecuencias fosen maiores. Tamén se atopa no lugar unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Local de Moaña, que foron os primeiros en chegar tras o aviso do 112. En principio tampouco hai coñecemento de que haxa danos persoais.

A Garda Civil revisando os colectores da basura próximos ao astaleiro.

Aínda que todos os esforzos están centrados en controlar o lume, axentes da Garda Civil atopábanse revisando contedores e marxes do vial por se puidesen atopar algunha pista da orixe do lume. Testemuñas comentaban o achado dunhas botas e unha funda de traballo, feito que os axentes non quixeron nin confirmar nin desmentir ao ser preguntados por Morrazo Noticias.

O lume e as explosións pódense ver desde gran parte de Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *